A reconstrución feita por Vasco das Seixas na fortaleza, recolle algúns dos cánones estéticos propios do Renacemento. Así o vemos nas dúas ventás de estilo plateresco que se poden ver dende a entrada. A ventá da torre da homenaxe está decorada cunha cornixa de molduras e pendolóns nos extremos. No centro do lintel e inserto nun medallón, vese unha cabeza dun nobre con casco e penacho flanqueada polos escudos dos Seixas e dos Ulloa. As xambas laterais presentan decoración xeométrica. A outra ventá plateresca está no corpo central da fachada. O lintel é a propia cornixa decorada con molduras, e apoiase en sosténs con relevos que rematan en anxos alados. Entre estes extremos vemos outras cabezas insertas en medallóns: a do centro é un guerreiro con casco, e as dos extremos son bustos espidos. Debaixo destes a decoración complétase con rosetas.
DE QUE COR SON OS BICOS?
-
Mini Moni pregunta si serán os bicos grises como os elefantes, os
rinocerontes e os hipopótamos o negros como as ovellas.
Seguindo co traballo da ...
0 comments:
Publicar un comentario