Rastrear a orixe dos Seixas supón sair do concello de Friol. Esta liñaxe ten unha orixe toponímica que fai referencia ás formacións de seixo que coroan o alto do Corno do Boi, na parroquia de Merlán pertencente ó concello de Palas de Rei. Desta zona procedían os Seixas, onde aínda subsisten topónimos como Castro das Seixas, onde se ubicaba a primitiva fortaleza, Hospital das Seixas, ou tamén Pazo do Monte, vinculado á mesma liñaxe. Nestas terras enfrontáronse polo control da zona Vasco Gómez das Seixas e Gonzalo Ozores de Ulloa (fundador do castelo de Pambre) no S.XIV. Concretamente, na posición estratéxica do Corno do Boi, no Hospital das Seixas, Vasco Gómez das Seixas constrúe outra fortaleza que é demolida por Gonzalo Ozores de Ulloa, quen chegaría incluso a sitiar a fortaleza de San Paio de Narla.
A fotografía que mostramos está tomada no Hospital das Seixas, nun tramo do Camiño Primitivo de Santiago, no que se poden ver as formacións de seixo ás que facíamos referencia. Nesta localidade ofrecíase cobixo ós peregrinos, sendo os cabaleiros templarios os que aseguraban a seguridade de tránsito cara ós santos lugares. Este primitivo camiño que viña dende Oviedo, aproveitaba o trazado dunha antiga vía romana, a vía XIX do Itinerario de Antonino.
La Fuente de la plaza del Trigo y mas...
-
Plaza del trigo Circa 1920, colección particular Photo Arte. Horas de
mercado, pero tambien se puede ver como usaban las cañas en la fuente
*Ya no recuer...
0 comments:
Publicar un comentario