29/03/09

XVII Feira do queixo e pan de Ousá.

Onte, domingo , celebrouse a XVII edición da Feira do queixo e pan de Ousá.

Moitas foron as persoas que se achegaron ata o recinto feiral, onde estaban dispostos á venda máis de 15.000 queixos e ao redor das 6.000 pezas de pan, segundo informaron os organizadores.

A pesar da suspensión das actividades plenamente festivas por motivos de sobra coñecidos, e de que o día estivo desapacible, foron moitos os visitantes que fixeron de Friol centro gastronómico por un día, como vén sendo norma desde o ano 1.993

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.