17/05/09

Día das Letras Galegas

Xa chegou outro 17 de maio. Dende o ano 1963 os galegos temos un día de festa para honrar ás nosas letras.
Semella non correr bos tempos para unha lingua como a nosa, que tan necesitada de apoio está. Dá a sensación, ás veces, de que temos que pedir desculpas por empregar o vehículo que nos permitiu ser como somos, pensar como pensamos, vivir como vivimos. 
Como non defender e propiciar o uso dunha lingua soporte dunha, da nosa , cultura?.
Este ano precisamente lembramos a traxectoria de Ramón Piñeiro, un home nada sospeitoso, defensor, iso si do seu, da súa lingua e da súa cultura. E logo e que non imos ter dereito a defender o noso?
Foi el un dos impulsores da Editorial Galaxia, recuncho que nos difíciles tempos do franquismo, propiciou a publicación de obras en galego, tan denostado e perseguido naqueles momentos.
Pois iso, paz e harmonía. Neste país cabemos todos, por suposto; pero non neguemos o evidente.
Rematar adheríndos ao manifesto "Unha lingua para todos" feito público estes días pola Real Academia Galega. 
Bo Día das Letras.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.