09/06/09

Os contos do Quiroga: O Precepto

Na parroquia de Roimil, rexentaba en certo tempo un cura chamado don Melchor. Tiña o costume de examinar da doutrina, ós seus fregueses, como medida previa, por mor si estaban preparados para cumprir co Santo Precepto. Sendo moito máis esixente cos rapaces máis novos, esixencia que evitaba no caso das persoas maiores.
Un bo día, un rapaz da parroquia (adoitaban ir de noite) foi perto do cura para sufrir o devandito “exame” e cando voltaba para casa topou nunha corredoira con outro que ía coa mesma finalidade para a casa do cura. Saudáronse e o que ía preguntoulle:
-- É moi duro coas preguntas?
-- É abondo - respondeulle o que xa sufrira o exame
-- Entón, que che preguntou?
--Os artículos da fe
-- Bo, iso non é nada, os artículos da fe son catorce.
-- Vai carallo vai ti con catorce, que lle dixen que eran corenta e botoume polas escaleiras.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.