O próximo xoves día 25, ás oito da tarde e dentro da revista oral "O Pazo das Musas" que o Museo Provincial de Lugo celebra de xeito trimestral, levarase a cabo a representación de "A cova da serpe".
Aínda que falta algunha das protagonistas que estrearon a obra, esperemos ter o mesmo éxito acadado nas anteriores representacións. Ademais nesta ocasión agochamos unha pequena sorpresa.
Se queredes pasar uns momentos divertidos non dubidedes e achegaros ata o Museo.
0 comments:
Publicar un comentario