Efectivamente , chegamos a 180... entradas. O que nun principio foi un pequeno tatexar sen saber moi ben que camiño ía tomar este invento, resulta que cun curso , a piques de rematar, por riba superamos as 180 entradas.
Dependendo do lado que o mires, podemos consideralas moitas ou poucas. Tanto ten!. O importante é que a cousa segue en pé ( que non é pouco dados os tempos que corren) e que parece que os ánimos aínda non decaeron. Temos sorte!
Deixamos aquí, a modo de chave máxica, unha fotografía da chave verdadeira que abre as portas da igrexa de Seoane. Unha chave das de antes. Esperemos abra unha nova andaina e que cando menos, o curso que vén, a estas alturas, teñamos dada unha volta completa de 360º para así continuar camiño.
3 comments:
Parabéns.
Espero ver e ler ese 360.
Nós,evidentemente,tamén.
Grazas
Esperemos poder seguir disfrutando do blog, ós frioleses fainos moita ilusión. Grazas!
Publicar un comentario