Para cubrir as necesidades que cadaquén tiña na súa casa e que non eran cubertas pola produción da mesma, foron aparecendo tendas de comestibles que, ao mesmo tempo, funcionaban como cantinas, e que a maiores, ofrecían outras mercadorías para completar os utensilios domésticos –dependendo xa, do criterio dos propietarios--.
Mostrador corrido, e por tras, estantes que mostraban os produtos con máis saída do momento, ou simplemente a modo de reclamo. A invasora publicidade que hoxe soportamos aínda estaba en fase incipiente e o seu soporte eran calendarios , chapas máis ou menos policromadas e pouco máis.
A foto que acompaña esta entrada cremos que está feita no ano 1966 ou no 68. Con pouco máis de 40 anos, hoxe, desde a perspectiva urbana, parécenos reflectir un pasado afastado, cando na nosa contorna aínda quedan destas “toderías” (das que xa falamos na entrada dedicada á feira de Roimil ) coas mesmas funcións económicas e sociais.
A fotografía cedida por Elena Moreno, é da tenda que a súa familia posuía no Carballo.
Con esta entrada despedimos este ano 2.009, esperando seguir co mesmo ánimo para encarar novos retos nesta viaxe iniciada no 2.008.
1 comments:
Recuerdo estas Cantinas multitienda de las que hablas.Hace mas de 40 años existía una en San Pedro de Soñar en Lugo que recuerdo a la perfección. Luego en Lugo frente a mi casa cuando aún existían casas "adosadas"a la muralla, recuerdo una tienda de ultramarinos muy especial, en el que había un poco de todo.
He recordado con esta entrada mi mas tierna infancia.
Me gusta leeros
Feliz año !
Publicar un comentario