23/05/10

Os Bóveda ( III ): D. Delfín Bóveda Villanueva

Dos fillos maiores de D. José Bóveda, algúns emigraron a Cuba – cremos que foron tres-- dos que sabemos o nome do maior, Eduardo, que foi o primeiro en marchar e que máis tarde chamou polos outros. Un deles Delfín Bóveda Villanueva é o que nos vai ocupar nesta entrada.
Este D. Delfín, naceu o 14 de abril de 1881 en Gonce, estudou para cura no Seminario de Lugo, rematando a súa formación no ano 1904. Bota tres anos en terras marroquís e posteriormente, en outubro de 1910, marcha para Cuba, atendendo a chamada do seu irmán. Un emigrante máis.
(Aínda o outro día falabamos no Campo da Feira de Guimarei cunha señora xa ben entrada en anos que lembraba como o avó do seu home mandaba cartos desde á Habana para a construción da vivenda que despois sería fonda ben concorrida nos gloriosos días de feira de Guimarei- “ matabamos un becerro para o día da feira e non quedaba nada”).
Pero ao que iamos: Interesado na cultura e costumes do noso país, xa ao chegar á Habana  funda e dirixe unha revista titulada “Cultura Gallega” que ten unha vida curta.
Párroco da igrexa de S. Nicolás, na Habana colabora posteriormente noutra revista que casualmente ten a mesma cabeceira “Cultura Gallega” -- unha das revistas de máis calidade das publicadas por galegos na Habana do século XX- editada entre os anos 1936-1940, dirixida por A. Caaveiro Couto. Máis tarde "Cultura Gallega" cambia de cabeceira e mesmo a orientación para denominarse “Cultura Hispánica” máis achegada á realidade política da España franquista.
En ambas publicacións son frecuentes os artigos deste Bóveda que asina os mesmos como Delfín d’a Pena de Gonce ou O rapaz d’a Pena de Gonce.
Anos máis tarde (1950) publica un libro no que se recollen todas as súas colaboracións xornalísticas, libro que titula “Galicia: Cosas nuestras” e que asina como O rapaz d’a Pena de Gonce. 
Recollemos aquí o seu pensamento sobre cal debía ser a bandeira representativa de Galicia, tema que foi fonte de gran polémica entre os galegos residentes en Cuba para tratar de decidir que emblema era o máis coherente para representar a todos os galegos: " Porque los gallegos hemos aceptado durante varios años una bandera "de hecho", de indiscutible belleza estética y cromática; pero que, al ser enjuiciada ante la crítica histórica su valor heráldico y representativo de nuestra personalidad regional, no pudo resistir un depurado examen y sólo pudo aducir, como razón de su ser, ideologías afectivas y de última hora, sin la base de una enraizada tradición.
El lienzo blanco, atravesado diagonalmente por una franja azul pálido , desde el ángulo superior izquierdo al inferior derecho, fue emblema del sentimiento galleguista durante un buen número de años, sin que nadie parara mientes en discutirlo.
Por otra parte, la simplicidad del símbolo y la ausencia de emblemas tradicionales en nuestro escudo hizo facilmente adaptable aquella bandera a las nuevas ideologías que fueron surgiendo en torno de las orientaciones que debían imprimirse al futuro político de Galicia" ( recollido do libro "Símbolos de Galicia" de X. Ramón Barreiro e de Ramón Villares)
Pasa os anos en Cuba, e algún verán achegase ata Lugo, visitando na festa de Santa Marta, a casa que fora da súa nai ( a de Acevedo), "nunca foi para a que era a súa". Cando Fidel Castro inicia a Revolución Cubana, volve definitivamente para residir en Lugo cabo dunha irmá. Morre poucos anos despois, avanzados os anos sesenta.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.