27 xuño 2011

Agasallo e non precisamente da Consellería

Remata un novo curso, e non remata de calquera xeito. Dende a Consellería, desprestixiando canto pode o ensino público e aproveitando o descrédito introducindo un ERE ao amparo das próximas vacacións, pretenden un final de curso qe máis semella fin de ciclo.
Teñen a defensa dos votantes --onde están os que quedaron na casa nas últimas autonómicas, por puras cuestións de formulismos estéticos ou formalismos quintaesenciais?- pero non a razón da historia. Sodes tan falsos como as mensaxes que pretendedes achegar á poboación ao través dos vosos medios de comunicación. Ben o sabedes...
Pero esta entrada non ía por aí. O motivo da mesma era celebrar un agasallo que nos achega --estes si de corazón-- o blog da Biblioteca do IES dos Ollos Grandes.
A día de hoxe non sabemos se isto terá continuidade debido ao, que parece, novo perfil que pretende a Consellería que teñamos.
Pero, e non precisamente co boca pequena temos que dicir que non terá o noso apoio para desacreditar o ensino público; que seguiremos defendendo a pesar da propia empresa unha rede pública de educación de calidade.
Como recibimos este agasallo e debe ser transitivo facémosllelo chegar a:
FLE en ESO
Carta Xeométrica
Natureza escondida
Iniciarte
Castrode Baronceli
Por diferentes razóns, pero tendo presente en todos os casos o recoñecemento a un traballo que semella ser transparente para a Consellería.

2 comentarios:

Mª José

Primero daros las gracias de nuevo . Si no paso por aquí no me entero ! Pero suelo pasar bastante porque haceis un trabajo admirable y no esperemos regalos de la Consellería. Llevamos unos fines de curso de infarto . Ahora más horas clase , pretenden en primaria , en secundaria ni os cuento ...no mandan profes , hay que arreglase con lo que hay en centro . No importa si eres de música y tienes que impartir matemáticas ... ensino de calidade, ya sabes . Ciclos Formativos y ESO una cosa increible, a finales de curso compañe@s y alumn@s de Centros conocidos por todos , pues ya sabes también . No te sigo contándo pero con este asunto de la jubilación a los 67 yo , como que no llego . Imposible !
No sé como seguimos con ánimos. Qué claustros mas tristes y desmotivados están creándo ...
Te dejo porque no acabo ¿sabes que personas como vosotros se acuerden de mi pequeña labor en la web , me llena de orgullo.

Un abrazo y lo colocaré en mi sitio . Por supuesto.
Abrazos

Cibrán

Se non chegades a poñelo ben clariño no título teño a seguridade de que agora estaría a pensar que este agasallo viña de parte da Consellería.
Non sei que foi o que víchedes neste meu blogue porque se hai algo de bo nel é que llo roubei a alguén... como por exemplo a vós. Teño por certo que o mellor que puxen nunca na carta xeométrica foi o vídeo do programa 'Vivir cada día' e que tantas veces usei despois nas aulas.
Grazas, moitas grazas, polo astro este que me mandades e por todo o demais.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.