06/02/12

Bendita casualidade !

Dicía Jacques Lacan que "a casualidade é o encontro co real". É ben certo.
Xa hai tempo tiña que estar escrita esta reflexión, pero diferentes cuestións fórona adiando ata chegármonos ao día de hoxe, no que, froito da casualidade, poñémonos á tarefa.
Na fotografía que ilustra esta entrada, vese a pancarta que tras ser aprobada --a súa colocación-- democraticamente no Claustro do CPI Dr. López Suárez, decidiuse colgar como apoio e reivindicación dun ensino público de calidade, o que, evidentemente, é contraposto aos recortes que dende a Consellería de Educación se levan facendo desde finais do pasado curso.
Desde logo as condicións obxectivas que orixinaron a colocación da mesma non variaron, polo que a súa vixencia nin caducou nin esixe retirada ningunha.
Que estamos en contra de todo tipo de recortes que signifiquen mingua na calidade do ensino público, non debería estrañar a ninguén e, aínda máis, debía ser na práctica, paradigma para os docentes implicados na formación das xeracións vindeiras; en última instancia o futuro dun país.
Ben é certo que non todos temos por que pensar así, e seguramente a máis de un próenlle os ollos ao ver algo que 'afea' a idílica imaxe do noso concello.
A casualidade fixo que a pancarta caese poucas horas antes de que a comitiva de altas xerarquías, presentes no funeral do pasado sábado, pasasen por diante da fachada do centro, e así tivesen que ler a proclama contra os recortes. Unha verdadeira mágoa !.
De todos os xeitos haberá que pensar en colocala con maior seguridade para que en futuras ocasións aguante mellor a presión de visitantes tan ilustres.
Deixamos este enlace como testemuña da citada caída e como a fachada non se ve afeada por consigna ningunha

26 comments:

Marta

Si si, casualidade...que ben lles veu a algún....aggghh

Anónimo

Polo que parece, non só hai recortes no ensino, senon tamén na liberdade de expresión dos ensinantes. Pero xa se sabe, os "ilustres" máis que demócratas son estetas.

Álvaro

Casualidade? Ou non... E despois véndennos discursos de "Fríol por riba de todo, do partido e do que faga falla..." Descursos de baratillo contados para catro que non se paran a analizar a realidade con obxectividade... Debe ser que podía salir nos medios de comunicación e que o mundo vise que en Friol non son todos alienados... Unha mágoa, por favor instaládea novamente e con seguridade, que non pechen a boca nin silencien a unha comunidade educativa.

Mª José

No a los recortes !

El domingo #Vertgüenza fué TT en TWITTER

Los docentes mobilizados ante lo que es una vergüenza

Arriba esa pancarta !!!

A Ulloa en fotos

Casualidade??????

Uiii....

iso tufa

Carlos

Casualidade sin duda,unha pancata que leve xa uns meses colgada se deteriore e caiga,que sexa xustamente horas antes de que pase a "gran comitiva" de personalidades que acudiron o enterro,chamemoslle "coincidencia"?.Como xa poñia o Progreso do domingo "o Concello de Friol,que rexenta Antonio Muiña Pena, preparou hasta o mas mínimo detalle para a celebracion do funeral..." ¿ese "mínimo detalle" incluiria todo?...

Anónimo

E mui triste, Friol sempre estivo baixo unha mascara e tera que seguir estando. Pero eo preguntolle o señor alcalde , donde vai a nosa ambulancia, os nosos bombeiros ect...??? porque se os nosos cidadans pagan os impostos ... quen son os que comen os cartos ??? Eu levo moitos anos en Suiza pero Friol esta peore ajora ca ai trinta anos patras, senon mirade as estadisticas da poblacion ... xa nin as actualizan !!! sabedes por que : poque no concello non teñen tempo.... hay moitos cafes pa tomare e moitas comidas pa comere . Estou mui decepcionada....

unha friolense

unha friolense:
Penseino máis duha vez ¿como duraria esa pancarta pendurada do mur do Colexio, tanto tempo?
A primeira vez que a ollei, púxenme moi leda, porque o consederei un feito de liberdade deexpresión... que para os que coñecemos Friol, supón moito, pois a represión que hai nesta localidade non é pouca...

Antonio Muiña Pena. Alcalde de Friol

Como a min nunca me gustou acocharme baixo o anonimato, asino o comentario con nome e apelidos.
Sen desexar entrar en polémicas estériles dalgúns comentarios, simplemente quería facer unha puntualización e unha pregunta:
Puntualización: Sempre fun un defensor da liberdade de expresión e de ter como horizonte a defensa dos intereses do concello que "polo masivo desexo dos friolenes" represento, por riba de premisas de calquera Partido Político, mesmo do que eu milito. Dito eso, asegúrolles que a pancarta NON CAEU POR CASUALIDADE. A pancarta foi retirada polo bedel do Centro, e sen ter eu noticias do feito, por orden da Sra. Directora do citado Centro, á cal eu en ningún momento lle solicitei a súa retirada, pois a min nunca me molestou a pancarta nin o que dicía, xa que o Concello, que sempre colaborou activamente no terreo educativo dos nosos estudantes, lóxicamente en ningún momento se deu por aludido no tema duns recortes que desde o concello aínda non fixemos. Polo tanto, no que ó concello concerne..... ¡adiante coa reposición da Pancarta ó seu sitio!.
Agora a pregunta: A Pancarta, afirman foi colocada por un acordo dos profesores.... ¡perfecto!. Nada que obxectar. Pero, e a gran pancarta feita con ramallos de árbores, que no seu día se colocou sobre a valla lateral do Colexio, ¿Foi elaborada polos propios profesores?... nese caso.... todo segue perfecto, ¿ou foron utilizados alumnos para a súa elaboración?. De ser así, a liberdade de expresión converteríase nunha acción impositiva ou ben de adoutrinamento do alumnado, feito xa non tan democrático. Contra esa pancarta vexetal, da cal xa só quedan restos, se certamente foron utilizados alumnos para a súa elaboración, sí estariamos en contra. Coa outra, a colocada polos profesores, non temos nada que dicir e apoiamos de sempre a liberdade de expresión.... se pensan que esa é a maneira máis construtiva de defender os seus dereitos.... ¡adiante, e repóñana cando o desexen!

A Ulloa en fotos

Uiii...

Isto estase poñendo moi interesante.

Nunca tantos comentarios tivestes neste blog.

Agora so falta que falen a directora, o bedel e a pancarta vexetal.


Saúdos dende A Ulloa.

Anónimo

Ningunha desas pancartas foi colocada nin elaborada polos ALUMNOS de 3º e 4º da ESO. Eles organizarono e os alumnos elaboraronas e colocaronas. Polo tanto, eso non é democratico, xa que obrigaron aos alumnos do centro a facelo convertendose nunha accion impositiva, e , deixando de ser unha simple liberdade de expresion.

Anónimo

Ningunha desas pancartas foi colocada nin elaborada polos profesores senon que foi polos ALUMNOS de 3º e 4º da ESO. Eles organizarono e os alumnos elaboraronas e colocaronas. Polo tanto, eso non é democratico, xa que obrigaron aos alumnos do centro a facelo convertendose nunha accion impositiva, e , deixando de ser unha simple liberdade de expresion.

Mª José

Buenos dias

Vamos a ver , vengo en nombre de la pancarta que resulta que su colocación fué aprobada en claustro y de forma democrática (no se puede hacer de otro modo). La pancarta dice "Non os recortes" y quiénes son los afectados por los recortes ? el claustro ? los alumnos de 3º y 4º de ESO ? o toda la comunidad educativa ?
(padres,alumnos,profesores ...) . Pues todos , todos !!!

Saludos

Anónimo

Os representantes das follas, garabullos e ramallos de Friol, reunidos en Asemblea, fan saber:
1- Que a pancarta vexetal que desgustou tanto ao señor alcalde dicía claramente: “NON NOS PODEDES” e estaba feita con follas que se presentaron voluntarias para ese traballo.
2- Con esa pancarta proclamabamos que nós, como vexetais que somos, opoñémonos ás podas das árbores do Concello, xa que con elas acabamos no chan antes de tempo.
3- Que para facer a dita pancarta ninguén foi coaccionado nin adoutrinado para que se posicionara en contra de que se cortasen ramallos e garabullos das arbores.
4- Non entendemo-la oposición do señor alcalde, cando a nosa reivindicación lle permitiría recorta-lo presuposto de xardinería.
Asemblea de Follas, Garabullos e Ramallos do Concello de Friol.

Anónimo

Son unha folla de arce platanoide dun concello limítrofe ao de Friol e quero apoiar a reivindicación das miñas compañeiras dese concello, felicitalas pola iniciativa que tentarei espallar entre as miñas compañeiras. Adiante camaradas! É tempo de rebeldía!

Outra Friolense

¡ANIMO! FOLLAS GARABULLOS E RAMALLAS DE FRIOL QUE ALGO SE ESTA MOVENDO EN FRIOL.

Anónimo

¿E se poñedes duas pancartas cos lemas seguintes?
"SI OS RECORTES" e "PÓDANOS"
¿Qué pensarían as follas doutros árbores? ¿Comulgarían con rodas do muíño?

A Ulloa en fotos

Isto si que é liberdade de expresión, aínda que polo que vexo a directora non se animou a dar a súa versión dos feitos. Unha mágoa, porque a súa imaxe, despois das declaracións do señor alcalde, non quedou moi ben parada.

O mellor disto é que conseguistes que se creara un foro de debate sobre dous temas: a censura e os recortes na educación.

Saúdos dende A Ulloa para tod@s (sobre todo para o colectivo de garabullos de Friol e arredores)

Anónimo

alcalde as tuas dotes si non son democréticas como todo o teu partido "popular"

Anónimo

Magoa que agora sexamos "maestros sin fronteiras" ou maestros "sen dereitos". Gracias a todos os que lle votastes ó partido da gaviota que agora temos o que merecemos. Moito criticar a outros presidentes e calámoslle ó que fan estes. As veces penso que en vez de mestres somos subnormales.

Anónimo

Más que el silencio de la directora (que lleva a dar por buenas las palabras del alcalde) llama la atención que no hay ninguna rectificación o aclaración de lo expuesto en el hilo que originó estos comentarios. Parece ser que desde el blog sigue atribuyéndose a la "casualidad" la caída de la pancarta, algo que hace poner en cuarentena futuras entradas de este tipo.

Por otra parte, la conclusión a que la fácilmente se puede llegar es:

1. La entrada ha sido escrita sin molestarse en investigar los hechos que se relatan (supongo que preguntarle al bedel, que suele saber de estas cosas, era muy difícil)

2. Hay una nula comunicación entre el claustro de profesores. La directora ordena la retirada de la pancarta y ni lo comunica, ni los profesores hablan con ella de lo acontecido.

3. Los profesores utilizan a menores de edad para elaborar una pancarta reivindicativa, instrumentalizando a sus alumnos para sus fines. Suerte la suya de haber dado con unos padres generosos, porque podrían haberse metido en un problema.

En resumidas cuentas, que se han cubierto de gloria, para ser la entrada más comentada del blog, no es que sea para sentirse orgullosos.

Mónica

Bos días.

Non sei se foi casualidade ou non que caera a pancarta, o que si sei e que esa pancarta foi feita por algúns alumnos de 4º da ESO, a petición dun profesor, eso si, pediu voluntarios.

Dame a impresión de que este colexo, esta perdendo moito ultimamente.

Os alumnos de 4º, este ano quedan sen exursión de fin de curso, xa que ningún profesor os quere acompañar.

En carnavais, os profesores puñeron as suas propias normas de vestimenta, sin pedir opinión os alumnos, que logo fixeron eles as súas.

E xa non falamos da comida do comedor, que a pesar das protestas dos pais, segue sendo horrible.

Asi que, haber si empezamos a tomar medidas.

Saúdos

Anónimo

1. Nuestros hijos son los que deben aprovechar la oportunidad de formarse,
2. Son los que sufren las ventanas que nuestro ayuntamientos no repara,
3. Son los que no pueden ir de excursión con los maestros en tiempo libre de los maestros porque nuestros políticos han decidido que en vez de bajarse ellos el sueldo, las subvenciones, gastos en comilonas, lo que nos cuestan de más las obras porque las bigoterias no funcionan bien,... pueden recortar en el futuro de nuestros hijos porque ellos tienen dinero para mandarlos a la escuela privada, a la universidad privada…
4. La educación es la única posibilidad que van a tener nuestros hijos en este mundo cada vez más complicado y los recortes en la educación solo hará que lo tengan más difícil. Mano de obra barata la va a haber a patadas en china e india
5. Nosotros hemos vivido tiempos en los que no se podía protestar por nada y no debemos perder eso ni dejar que los profesores no le enseñen eso a nuestros hijos

Anónimo

A los profesores se les paga por impartir unas materias, a ver qué es eso de enseñar a los niños a protestar...especialmente a protestar por lo que LOS PROFESORES quieren, me parece vergonzoso. Que se ciñan a hacer su trabajo, punto.

En cuanto a protestar por los recortes o por lo que les venga en gana...como si se pasan todo el día protestando, pero que lo hagan ellos solitos y sin que eso afecte al trabajo por el que se les paga.

Anónimo

Nuestro sistema de convivencia se enseña en los colegios…. Faltaría menos
El que a alguien no se le debe robar se enseña en las aulas… faltaría menos
Que sus bienes no deben romperse se enseña ….. Faltaría menos.
Y que tienen derecho a que les enseñe física el profesor de física, en vez del profesor de lengua (porque se ha jubilado, esta de baja….) se le tiene que enseñar al niño… faltaría menos
Los profesores como funcionarios no han protestado por que se le bajen el sueldo, protestan porque además se está recortando el gasto en educación y es un derecho que tienen los niños, que se les debe enseñar… faltaría menos.
Gasten menos en otras cosas y mas en el futuro de nuestros hijos, ellos son nuestro futuro también.
Si los hijos de los políticos pueden formarse como personas en colegios privados, porque con nuestro dinero se lo pueden permitir, eso no les da derecho a robarles el futuro a nuestros hijos… faltaría menos

Mª José

Me alegra ver esa pancarta en la barra lateral del blog.
Me alegra que este post haya abierto tal debate

Me niego a asumir recortes en educación , me niego a que me obliguen a dar clases de materias que desconozco por completo , me niego a quedarme callada y digo muy alto que invertir en educación es invertir en el futuro de nuestros alumnos .

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.