08/01/13

Severiano: Un gaiteiro universal en Friol ( II )

Noutra entrada  publicada xa hai tempo e redactada polo compañeiro José Fariñas, facíase unha lembranza poética deste gaiteiro nacido en Malpica, parroquia da Rocha, no ano 1917. Coñecido por todos como Severiano, veu ao mundo como Severino Santos Sancosmed.
Este gaiteiro foi obxecto, o 30 de abril de 1995, dunha homenaxe auspiciada pola Asociación Cultural Cova da Serpe, que deu pé para recoller ( por parte de Xosé Luís Rivas, Mini ) tres pezas tocadas por este gaiteiro que están incorporadas ao APOI --Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade--  e que podemos escoitar premendo nos seguintes enlaces: (xota1), (gaita) e (xota 2).
Bastante tempo atrás (11-xullo-1970) no diario provincial “El Progreso” recóllese unha pequena entrevista que lle fixo Siso--Narciso García Fernández-  con motivo das festas patronais friolesas. Nela, nun ton non excesivamente respectuoso, ao noso entender; o xornalista comenta as habelencias do citado Severiano non só no mundo das gaitas senón tamén como "compoñedor" de reloxos dun xeito totalmente artesanal.
Faleceu en xuño do 2002, sendo enterrado no cemiterio da igrexa parroquial de S Cosmede da Rocha, onde esta tarde ao visitar a súa tumba, soaba de lonxe unha gaita...
Nota: As dúas entradas dedicadas a Severiano, están ligadas na portada do blog a unha foto do gaiteiro facilitada por Javier Hermida Meilán

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.