A Asociación "Carballo Vivo" organiza unhas Xornadas que se desenvolverán na antiga escola de Carballo os próximos sábados 27 de abril e 11 e 18 de maio.
Neses tres días, en sesións de mañá e tarde, desenvolveranse diferentes actividades relacionadas coa necesaria dinamización do medio rural, enfocándoas desde a perspectiva desta activa parroquia friolesa.
Desde o achegamento á historia da parroquia (na que participará alumnado de Carballo do CPI Dr López. Suárez), pasando por unha análise da visión do lobo no mundo rural, as enfermidades propias da terceira idade, o pasado, presente e futuro do medio rural, herdanzas testamentos e sucesións, axudas ao medio rural, horticultura ecolóxica,etc, serán diferentes as achegas que xirarán todas sobre a necesaria dinamización do medio rural.
Nestas xornadas farase tamén a presentación da páxina web da Asociación e a proposta de creación dun Obradoiro da Memoria e Patrimonio.

Non menos importante é a presenza de Xerardo Quintiá e a súa obra, sen esquecer ao grupo "Xesta Verde" no musical, Ana Carreira como contacontos, e o noso grupo de teatro coa representación dunha nova versión da "Serpe da cova".
Para ter unha visión completa das Xornadas podes premer aquí e neste enlace podes descargar a folla de inscrición, inscrición que é totalmente gratuíta.

0 comments:
Publicar un comentario