09 xaneiro 2020

Madialeva (II)

O sábado pasado presentouse en Miraz, como xa dixemos, e con gran afluencia de público, a novela gráfica Madialeva de Ana Moreiras
O libro recolle diferentes historias locais contadas desde esta parroquia friolesa e nas que aparecen os diferentes personaxes que conforman e conformaban a sociedade tradicional. Así aparecen as figuras de dúas mestras de distinto e distante proceder, caciques, señores, curas, veciñas afoutadas, a emigración, os primeiros pasos de Inditex, a ilusión xerada pola República, o drama da guerra e por último como algo novidoso o empoderamento da muller.
Todo isto que a autora recolle en Miraz reflicten, coas variantes que cada lector teña a ben segundo a súa propia novela persoal, historias que ben puideron suceder en Mondriz (Castro de Rei), Ove (Ribadeo) Ferreira ( Guntín) Palmeira (Ribeira),…ou en calquera outro punto da nosa xeografía.
Coa lectura deste texto, nós lembramos as tardes que, dentro do proxecto Algo máis que pan e queixo, dedicamos á escoita da veciñanza que se xuntaba no local social de Carballo e que debullaba historias, esas pequenas historias que non aparecen nos libros de texto e que conforman o noso ser e estar, e que neste caso quedaron recollidas neste blog.
Animamos á lectura desta novela sobre todo á veciñanza friolesa pois de seguro que nomes e historias, con certo grao de implicación faranse facilmente recoñecibles e, aínda que hai pingas de ficción, permítesenos percorrer e acompañar a xeografía humana da parroquia e do concello e lembrar outras contadas da citada freguesía das que nestas páxinas temos dado conta. 
En hora boa á autora.
En Lugo os exemplares, que nós saibamos, pódense adquirir nas librerías Trama e Totem

2 comentarios:

Ayla Cosmos

ola non sei ben quen leva esta páxina...vivín unha tempada en esa terra e quedeime un pouco preocupa pola contaminación do río narla á altura do pobo, sei que a piscina bota as súas aguas residuais ao río asi como tamén o banco que está preto do paseo, o popular? Non se podería acabar con iso? Polo verán certamente cheiraba ben mal, sobre todo se non chovía. Tamén comentáronme que si hai unha depuradora, mais despois do pobo, e además está rota. Agora que hai tempo, que a xente non sae tanto tal vez poderíase aproveitar pra.arranxar iso e que as augas dese fermoso río volvesen a correr sanas limpias frescas! Pola Vida na TerrA ����☘️

Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.