O próximo día 4 de xaneiro ás 12 da mañá, no local social de Miraz, terá lugar a presentación da novela gráfica Madialeva, creación de Ana Moreiras que reflicte o rural galego a través das narracións recollidas ao longo do tempo pola veciñanza desta parroquia friolesa.
A autora, de orixe friolesa, é licenciada en física e actualmente profesora de tecnoloxía dun instituto de Boiro; ten un perfil poliédrico o que a leva a estar implicada en múltiples proxectos tanto educativos coma creativos. Olloboi é un exemplo
Madialeva pretende fixar esas historias cotiás que forman parte da nosa colectividade e que, en definitiva, estruturan a forma de ser e pensar da mesma. Hoxe que se está a crebar o elo da transmisión oral avós-netos, textos como o que se vai presentar este primeiro sábado de xaneiro, son achegas que pretenden que o que se transmitiu de xeración en xeración non quede perdido na memoria da xente de idade.
Como di a propia autora: "O amor pola miña terra e a nosa lingua levoume a emprender esta aventura. Unha especie de chamada de socorro para alertar da grave crise que sufre o noso rural, que está esmorecendo".
Un bo xeito de comezar o ano e, un bo xeito de desexarvos unhas boas festas é animarvos a acompañar á Ana Moreiras no acto de presentación
Un bo xeito de comezar o ano e, un bo xeito de desexarvos unhas boas festas é animarvos a acompañar á Ana Moreiras no acto de presentación
2 comments:
Non vexo ven , tiven que eliminar o comentario o que quería dicir é que non coñecía nin o proxecto nin a autora e que vou mercar o libro seguro .
Moitas grazas e moi felices festas !
Boa opción.
Felices festas María!
Publicar un comentario