Xa hai tempo, no 2018, a Deputación Provincial xunto a Asociación de veciños e veciñas de Santa Comba da Órrea, publicou un pormenorizado traballo sobre a historia das segas en terras castelás, protagonizada pola veciñanza desta parroquia do concello de Riotorto.
O traballo de procura e redacción correu a cargo de Carlos Veiga, ben coñecido en Friol por exercer ao longo de moitos anos a dirección no colexio público.
Ler “Segadores da Órrea en terras de Castela”(unha historia de heroes), sitúanos, sen grandes esforzos de imaxinación, na verdadeira aventura que para os veciños desta parroquia implicaba semellante singradura
Como complemento ao rigoroso estudo, engade o autor, unha narración que recolle o día a día da aldea, que debuxa perfectamente as dificultades do campesiñado que se vía abocado a apuntarse ao éxodo castelá para manter a economía da casa.
Ten un lectura.
E non só ten unha lectura; estes meses percorre a xeografía luguesa un documental baseado neste traballo de investigación e que pasado mañá 28 de setembro chega ao centro friolés.
Parabéns ao autor e á Asociación da Órrea!
0 comments:
Publicar un comentario