O profesorado non debe entender o galego
-
O profesorado non debe entender o galego. Esta é a conclusión que podemos
tirar da carta de felicitación enviada polo conselleiro de educación, Román
Rod...
19/11/24
Xornadas: O segredo do humor
Este próximo sábado, 23 de novembro, o venres 29 e os dous primeiros domingos de decembro, desenvolveranse en Carballo ( o sábado) e Friol (ovenres e os domingos de decembro) unhas actividades que a asociación determinou encabezar como Xornadas: "O segredo do humor", cunha, máis que evidente, chiscadela ao ensaio de Cilistro Fernández de la Vega.
O sábado 23 a sesión será dobre: pola mañá unhas lambiscadas científicas que tratarán sobre o perigo das enfermidades producidas polas carrachas, e xa cun ton máis humorístico ofertarase un monólogo dirixido polo sempre exitoso Celso Sanmartín.
O venres 29, pola tarde o grupo Bátega teatro porá en escena "O pano".
Os domingos 1 e 8, tamén en sesións de tarde representaranse dúas obras: unha por parte do grupo de teatro Falcatrueiros de Monterroso: "O asasinato en Brooke Manor" e outra o grupo de Sarria, Rebuldeira teatro que escenificará unha versión de "Os vellos non deben namorarse".
Deixamos aquí ligazón informativa sobre os grupos de teatro e as súas montaxes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

0 comments:
Publicar un comentario