Demos con eles ao repasar os xornais da época e atopármonos con algunha nota necrolóxica dalgún membro da familia. A partir de aí empezamos a tirar do fío.
O matrimonio formado por Felipe Saavedra e Filomena Ascariz, tivo varios fillos: Gregorio, Manuel, María, Jesús, Dolores e Celestino. Nesta entrada falaremos de D. Gregorio e D. Celestino.
Teñen en común, o pertencer a unha familia tradicional, conservadora. Isto explica que os irmáns dos que temos referencias participen na vida social e política da capital lucense movéndose sempre en torno a esas ideas, nun convulso periodo da nosa historia contemporánea.

D. Gregorio Saavedra ( á esquerda na fotografía ), que foi coengo penitenciario e Arcipreste, na Catedral de Lugo; xogou un papel ben importante no Lugo dos anos vinte aos cincuenta.
A fins do anos vinte, era nomeado presidente do "Consejo Provincial de Fomento", do que xa era comisario rexio ( ABC 10 de maio de 1928).
Por esas datas, figura como copropietario do "Diario católico y antiliberal" (como inicialmente proclamaba na súa cabeceira) "La Voz de la Verdad", xunto con Sánchez Arrieta. Precisamente con este participa na vida política desde o ángulo cedista da cidade. Así, en maio de 1935, participan nunha Asemblea agraria promovida pola Unión de Derechas y Agrarios de Lugo "a ella asistieron buena parte de los dirigentes cedistas locales, como Sánchez Arrieta, Saavedra Ascariz, etc..." ( Grandío Seoane, E (1998): Los orígenes de la derecha gallega: La C.E.D.A. en Galicia. Edicións do Castro. Sada. (pax.231)
En plena Guerra Civil, é consiliario do Patronato Católico Lucense de Asistencia Social, creado polas novas autoridades civís e militares, e, ao tempo, é nomeado polo gobernador civil profesor de relixión do Instituto Masculino, onde coincide co seu cuñado D. Delio Mendaña.
Ben situado politica e socialmente, como anécdota, conta Santos Alfonso, A. (2003) [La Guerra Civil en Lugo años 1937,1938 y 1939. Edicións do Castro. A Coruña,] como cede a súa vivenda para un receso na visita que Pilar Franco Baamonde realiza a Lugo neses anos.( páx.131).
Faleceu no ano 1955 sendo enterrado en Miraz.
D. Celestino, (á dereita na fotografía) seguindo o ronsel do seu irmán maior, dedicou a súa vida ao sacerdocio, exercendo tamén como coengo da citada Catedral.
Con sona de bo orador, no curso 1934-35 foi o encargado de pronunciar o discurso inaugural no Seminario Conciliar. (El Progreso 1 de outubro 2009).Por esas datas, figura como copropietario do "Diario católico y antiliberal" (como inicialmente proclamaba na súa cabeceira) "La Voz de la Verdad", xunto con Sánchez Arrieta. Precisamente con este participa na vida política desde o ángulo cedista da cidade. Así, en maio de 1935, participan nunha Asemblea agraria promovida pola Unión de Derechas y Agrarios de Lugo "a ella asistieron buena parte de los dirigentes cedistas locales, como Sánchez Arrieta, Saavedra Ascariz, etc..." ( Grandío Seoane, E (1998): Los orígenes de la derecha gallega: La C.E.D.A. en Galicia. Edicións do Castro. Sada. (pax.231)
En plena Guerra Civil, é consiliario do Patronato Católico Lucense de Asistencia Social, creado polas novas autoridades civís e militares, e, ao tempo, é nomeado polo gobernador civil profesor de relixión do Instituto Masculino, onde coincide co seu cuñado D. Delio Mendaña.
Ben situado politica e socialmente, como anécdota, conta Santos Alfonso, A. (2003) [La Guerra Civil en Lugo años 1937,1938 y 1939. Edicións do Castro. A Coruña,] como cede a súa vivenda para un receso na visita que Pilar Franco Baamonde realiza a Lugo neses anos.( páx.131).
Faleceu no ano 1955 sendo enterrado en Miraz.
D. Celestino, (á dereita na fotografía) seguindo o ronsel do seu irmán maior, dedicou a súa vida ao sacerdocio, exercendo tamén como coengo da citada Catedral.
Dentro das súas actividades, a docencia non foi a de menor dedicación. O Seminario e a Escola de Maxisterio foron centros onde impartía as súas clases, chegando nesta última escola a ser nomeado provisionalmente director no ano 1945.
Dez anos máis tarde (1955) o Instituto Masculino ( hoxe Lucus Augusti), publicoulle a súa conferencia que baixo o título "España y la Inmaculada" facía referencia e conmemoraba o Centenario da definición dogmática da Concepción. Achegamos a portada do pequeno opúsculo.
Falece en Lugo no ano 1973.
A súa irmá, Dª Carmen, farmacéutica aínda que non exerceu a profesión, estivo casada con D. Delio Mendaña. Na década dos trinta tomou parte activa na vida social e política da cidade de Lugo. Así en Pardo de Neyra, X (2001): Lugo :Cultura e República. Edicións do Castro. Sada ( pax 90) podemos ler: " O asociacionismo dereitista e católico de Lugo observou a formación de dúas (...) sociedades de mulleres(...) A Agrupación Femenina Lucense, fundada en marzo do 32, estivo formada por unha xunta directiva que englobou a mulleres das máis tradicionais familias da cidade". Entre elas, como vocal estaba Carmen Saavedra Ascariz.Poucos meses antes, en decembro do 31 ocupaba lugar na mesa presidencial na que ía dar unha conferencia José María Gil Robles. Falece no ano 1991.
De D. Manuel Saavedra Ascariz , militar destinado no corpo de Artillería, participa na guerra de África, co grao de tenente, sendo condecorado por tal motivo (ABC 4 de maio de 1927).
No ano 1936, nos días do levantamento militar, está en Santiago de Compostela destinado no mesmo corpo co grao de capitán, sendo xefe da 6ª batería. Di Carlos Fernández, [ (1983): El Alzamiento de 1936 en Galicia. Edicións do Castro.Sada] que actúo como fiscal ou defensor nos tribunais militares, tan activos naquel verán. Morreu, xa retirado do exército co grado de tenente coronel, en Madrid no ano 1970.
Nota: A fotografía que acompaña a entrada achegóunola unha sobriña dos citados, que aínda reside na casa que a familia tiña –ten – na cidade de Lugo- concretamente en Bispo Aguirre. Agradecemos ás persoas que se molestaron en conseguir a citada fotografía.
0 comments:
Publicar un comentario