Este verán púxose en contacto connosco, desde Bos Aires, un friolés da diáspora: Horacio Vázquez Rivarola. O motivo do 'e-mail' deixámolo para unha próxima entrada, pois cremos que primeiramente debemos presentar a este neto destas terras.
Nacido en Bos Aires no ano 1964, oficial da Marina Mercante Arxentina e profesor da Escola Nacional de Naútica, leva desde os principios dos anos noventa investigando “sobre el compromiso de los gallegos…en el nacimiento da la República Argentina”.
Os resultados das súas investigacións quedan reflectidas na publicación de varios libros nos que fai fincapé na presenza activa dos galegos na defensa de Bos Aires diante dos ataques das forzas inglesas en tempos das guerras napoleónicas (1806). Nas súas obras relata a creación dos Tercios Gallegos de Bos Aires. “Tercio de Gallegos” ,"Cerviño: Hijo de Galicia, Padre de Argentina" ou "¡Santiago! Un grito de libertad" son algúns dos títulos.
Pero o seu interese por esta pasaxe da historia non quedou aí. A mediados dos 90 recuperou o Tercio de Gallegos do que é na actualidade o seu Comandante.

Nota: A fotografía tomada da Voz de Galicia, aparece o autor presentando unha das súas obras.
0 comments:
Publicar un comentario