Achégase o mes de novembro
Novembro comeza polo 1. Que raro!.Din que por Santos neve nos campos. Se callar está falando este refrán de alguén coñecido?. Non sei.
Remata o día 30. Di tamén o refraneiro que por San Andrés neve nos pés. Vainos cumprir unha pa .
Polo medio quedan os magostos, a proba do viño, a matanza do porco e o verán do San Martiño.
Caen as follas, a tonalidade que adquire a natureza é unha multicolor paleta de ocres avermellados.
As árbores quedan núas. Mes dos mortos segundo as tradicións celtas.
Mes das castañas:
- Arriba Casilda !
-- Que queres, Manuel ?
- Castañas asadas e viño con mel.
Hai que ter moito coidado coa castaña, e se non o credes lede:
“ castaña cocida e leite cru… peido no cu”
Pero para evitar estes problemas xa di o refrán que “polo San Martiño mata o cocho e proba o viño”.
Imos engorde cara o inverno.
0 comments:
Publicar un comentario