14/11/08

Casa do Castro

Está situada no Castro de Covas, na parroquia de Condes. Trátase dunha mansión señorial edificada entre finais do S.XVIII e principios do S. XIX. Primitivamente foi unha casa labrega acomodada. Ao ser ocupada polo matrimonio fidalgo formado por Dª Manuela de Castro y Seixas e D. Mateo Varela y Taboada, procédese a súa remodelación.
As trazas arquitectónicas e os detalles decorativos recollen os últimos ecos do tardobarroco. A pesar dese aire un tanto "retro" para a época na que foi construída, o resultado demostra o exquisito gusto dos seus moradores.
Na fotografía vemos o patio empedrado que dá acceso ó pazo. Unha escalinata de pedra condúcenos á planta nobre, aberta ó exterior por unha solaina pechada con balaústres de perfil curvo.
Parece que o pazo tivo un escudo de armas que se perdeu. Unha reprodución deste, feito xa no S.XX, pódese ver na fachada da igrexa de San Martiño de Condes.
Actualmente o edificio está sendo restaurado.

1 comments:

Anónimo

Hoxe podemos dicir que está en boas mans

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.