Un día, no Corno do Boi, uns homes foron ó monte a por toxos e caeu unha torada de neve. Os bois quedaron cravados na neve, e ó tirar por eles, a un caeulle un corno. Dende entón, a zona coñécese polo nome de Corno do Boi.
Lenda recollida por Natalia Roca, alumna de 3º de ESO. (Novembro 2.008)
Lenda recollida por Natalia Roca, alumna de 3º de ESO. (Novembro 2.008)
Informante: Esther Peteiro Sánchez. 78 anos.
Lugar de recollida: Prado
1 comments:
No campo da Toponimia atopamos moitas versións populares deste tipo que tratan de explicar o nome dun lugar. En concreto esta está moi espallada sobre todo na parroquia de Xiá.
Seguindo a Cabeza Quiles Corno do boi viría ser unha tautoloxía partindo do precéltico " corn"> pedra e da base "boi" novamente "pedra". Sen lugar a dúbidas quedaría perfectamente definido lugar , sendo o Corno do Boi unha cadea montañosa na que a pedra ten moita e singular presenza.
Publicar un comentario