04/11/08

Friol no Museo Provincial

O Museo Provincial de Lugo posúe nos seus fondos algúns obxectos de valor histórico atopados no noso concello. Así, exposto ao público, podemos contemplar un molde bivalvo pertencente á Idade do Bronce empregado para a fundición de machados, localizado no ano 1944 na Pena, na parroquia de Cotá. 
A súa datación se correspondería entre os anos 1200 ao 700 a.C. 
Tamén somos coñecedores da existencia dun machado de pedra puída procedente de Guldriz que non está exposto ao público. 
Tamén en depósito podemos atopar unha ara votiva atopada nos Corveiros, Miraz e o miliario atopado no ano 1.996 do que hai unha reprodución no Campo da Feira de Friol. 
Agradecemos a colaboración do Museo con esta páxina ao tempo que o felicitamos no seu 75 aniversario.  
Da ara votiva dedicada á deusa Coventina temos máis información na web de Javier Gómez

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.