"A lenda conta que nas Pardellas, preto de Carboeiro, nun lugar que se chama A Zarra , había unha moura que era moi rica e non tiña onde esconde-lo ouro. Ela pensou que para que ninguén llo roubase era mellor enterralo nunha pena. Como era nugallá e non lle gustaba traballar secuestrou a dous homes para que lle cavasen a pena. Era moi esixente e mandoulles que fose ben redonda. Cando a tiñan cavada, ela enterrou o ouro e mandoulles que a tapasen ben.
Aos homes como lle podían dicir á xente que alí estaba o ouro matounos e enterrounos aló lonxe , pero a xente viu enterrar o ouro e a moura pensou en que non ía poder matar tanta xente pois co nugallá que era non lle ía quedar tempo para descansar.
Entón gravou dúas cabezas, coma dicindo que alí tamén estaban enterrados os homes e de achegarse alguén tamén o enterraría alí. Ninguén se achegou pero como no inverno se enchía de auga o burato onde estaban as cabezas e ela quería todo ben visible fíxolle un reguiño alí gravado por onde sae a auga e na pena tamén circuliños enroscados ( que son os petroglifos) de adorno."
Informante : Sra Consuelo ( avoa de Alicia Penelas) As Pardellas (Condes)
Recollida por Alicia Penelas (2º ESO) febreiro, 2008
1 comments:
Falando de cabezas aquí temos unha lenda. Estaría ben localizar o lugar e dar cos petroglifos
Publicar un comentario