O gobernador na escola de Vilafiz. 1966 |
Inícianse os sesenta coa publicación do interese da "Junta Nacional de Energía Nuclear", nas terras deste concello, debido á posible existencia de minerais radioactivos - uranio--; o que orixina prospecións no concello: concretamente na parroquia de Guldriz (postos de traballo).
No mesmo ano o gobernador civil (Enrique Otero) volve a Friol para inaugurar as escolas en Cotá, Prado e Carlín, coincidindo coa celebración oficial do 1 de maio--data emblématica do franquismo--
Ao ano seguinte, xa con novo gobernador civil --Azcárraga Bustamante-- séguese o ritmo de creación de escolas e en xullo visita o concello para inaugurar as de Ramelle, Narla e A Porreira.. Aproveita a viaxe o señor gobernador para inaugurar diferentes vías de comunicación interparroquial e a Ponte do Batán sobre o río Parga. Neste ano os veciños expoñen diante das autoridades, a necesidade de pavimentación das rúas da vila.
Visita á Casa Sindical.1966 |
Friol empeza a medrar, e nótase a man de Andón e os seus apoios políticos dentro e fóra do concello. A súa presenza na Deputación Provincial - recorda Sánchez Carro-- era unha continua esixencia de obras e reformas "para o o concello que o vira nacer".
No 1964, é o alcalde o encargado de realizar a Ofrenda a Jesús Sacramentado en Lugo diante do bispo da diocese Ona de Echave, xa con novo gobernador civil (Eduardo del Río Iglesia)
Neste mesmo ano Friol -a vila-- accede ao servizo telefónico, servizo polo que andaron anos atrás del, e supuxo fortes desembolsos económicos por parte do vecindario interesado no mesmo.
A casa sindical é inaugurada un anos despois. Este edificio acollerá a inauguración da Exposición itinerante "XXV Anos de Paz"- que formaba parte da maquinaria propagandística do réxime preparando o famoso referendo do 66.
No mesmo 1965 créase o primeiro teleclub do concello e, un dos primeiros de non só de Galicia senón de España: o de Ousá.
Inauguración da estrada que une Narla coa Devesa.1966 |
A Emisora Radio Lugo crea ese ano uns premios para agasallar aos mellores alcaldes da provincia: Andón Cebreiro é un dos premiados debido "á urbanización do Campo da Feira antes citada, polo seu traballo na electrificación do rural do concello, o embelecemento da vila, e a política de construción de estradas". É tamén o ano elixido pola daquela Caixa de Aforros da Coruña e Lugo para instalar unha sucursal na vila, promocionando a súa apertura cun sorteo entre os seus clientes.
Manolo Andón non descoidou o aspecto festivo no seu labor, dándolle un forte pulo ás festas locais por excelencia as da "Santa Isabel", --dos palcos e o seu aspecto comunitario xa falamos noutras entradas--; hai que dicir que era o propio alcalde o que dirixía a actividade "como un máis". A fins dos sesenta o propio concello promociona diferentes concursos fotográficos, xornalísticos, poéticos,... que tiñan como eixo fundamental a posta en valor do concello. Tamén tenta recuperar as festas do patrón (S.Xiao) en xaneiro e mesmo a celebración do S. Cidre por maio sen demasiado éxito.
Nestes derradeiros anos dos sesenta séguense creando escolas, electrificando parroquias-- Guldriz,O Pacio, Serén, S. Cibrao e Seoane da Pregación, Condes, Xiá, Vilafiz--creando teleclubs - A Devesa--
Así entramos nos setenta que os deixamos para a vindeira entrada.
Así entramos nos setenta que os deixamos para a vindeira entrada.
0 comments:
Publicar un comentario