É a fins deste ano , aproveitando o período vacacional do Nadal cando se realiza o traslado das escolas situadas nas dependencias municipais para poñer en funcionamento a Agrupación Escolar de Friol --o que hoxe coñecemos como Edificio Vello--. Neste mesmo ano instálase a Gasolinera da man de Manuel Grande Varela. No setenta e dous inaugúrase aproveitando as patronais o alumeado público na vila.
Xa no 1973, inícianse os trámites para a creación do Club Fluvial na ribeira do Narla; este proxectol tardará algún tempo, seguramente pola desaparición física do seu promotor.1974 significa a posta en servizo do abastecemento de auga á vila...
O ano seguinte, á súa morte, a revista da Deputación Provincial, Lucus publica un monográfico sobre o concello, no que seguro estaba implicado Andón, pero que non chegou a lelo.
Quedan cantidade de cousas no tinteiro, pero o que é certo é que queda a lembranza agarimosa duns veciños que quixeron erixir un monumento na súa memoria, que foi inaugurado un ano máis tarde do seu falecemento, nas inmediacións do Campo da Feira que o extinto alcalde axudou a urbanizar.
Seguramente, máis de un que lea estas entradas, tivo trato con Andón e pode completar os ocos aos que non chegamos.
Seguramente, máis de un que lea estas entradas, tivo trato con Andón e pode completar os ocos aos que non chegamos.
0 comments:
Publicar un comentario