13 setembro 2010

Friol na revista "Lucus".1976

No ano 1976, a revista da Deputación Provincial de Lugo, "Lvcvs", no seu número 29, dedicoulle unha ampla reportaxe ao concello de Friol.
Trapero Pardo, Narciso Peinado, Ángel de la Vega e o seu irmán Higinio ( que foi quen nos achegou o exemplar da revista que acompaña a entrada) escriben sobre o pasado e aquel presente do noso concello. Hai tamén unha referencia a un traballo inédito "Friol y su comarca a través de los siglos. Apuntes históricos sobre el Ayuntamiento de Friol" de José Coira Sanjurjo. 
Pasara algo menos dun ano do pasamento do anterior e recoñecido alcalde D. Manuel Andón, e Alfredo Sánchez Carro aproveita esta publicación para lle render homenaxe sentida e ao tempo solicitar a dedicatoria de rúa ou praza ao insigne rexedor.
Presentamos a revista nun "pdf" de non moi boa calidade, pero para que quede como testemuña da citada publicación.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.