Chegamos ate Acevedo - Vilafiz-, despois de deixar a estrada de Lugo e tomar unha pista en dirección a Santa Marta. Era media tarde e o sol pegaba forte. Semellaba aproveitar o escaso tempo que as chuvias desta primavera lle permitiron asomar.
Iamos coa idea de localizar e fotografar unha cruz que hai no camiño a Torible, da que tiñamos información que estabamos pendente de publicar.
Atopámonos coa historia do lugar en vivo e en directo, como din nos programas da tele. Ao chegarmos, estaban o matrimonio da casa – Acevedo realmente é unha casa- e ao preguntar pola cruz abrimos un baúl cheo de sorpresas que pasaremos a relatar, non sabendo moi ben por onde empezar.
Pero como pretendemos que a boa educación impere , darémoslle as grazas a D. Jesús Villanueva, co que demos un grato e enriquecedor paseo ata o lugar onde está situada a cruz que alí nos levou.
No camiño mesturáronse carlistas, orixes da casa, curas con acompañantes,… En fin iremos poñendo en orde as cousas.

Na fotografía o noso acompañante, mellor o noso guía, cruzando o Rego de Porto Raíz, detrás iamos nós.
0 comments:
Publicar un comentario