Coas representacións de hoxe na Torre de San Paio, rematamos o ciclo de teatro que facendo coincidir co Día das Letras Galegas e o Día dos Museos, facemos por segundo ano aquí en Friol.
Antes de nada, agradecerlle ao persoal do Museo de Lugo e ao de San Paio, as facilidades dadas para o uso da Torre como decorado ideal para as nosas representacións. Tamén agradecer a todos os que dun ou doutro xeito colaboran -activa ou pasivamente-- en que a montaxe chegue a bo porto.
E a bo porto chega, porque temos un grupo de rapazas capaces de asumir os diferentes roles que nunha obra aparecen, e que co traballo de varios meses encima, conseguen arrincar algunha gargallada do público e esperamos tamén algunha reflexión.
Coas "Damas do Narla" pechamos o ciclo lendario máis importante do noso concello, que non quere dicir que teñamos esgotada a temática para futuras obras de teatro.
De momento, felicitar ás actrices e animar ao persoal masculino a que se atreva a dar un paso adiante e para o vindeiro ano se anoten a unha actividade creativa e recreativa ao tempo que formativa.
Se queredes ver a gravación da actuación premede neste enlace.
1 comments:
Enhorabuena a esas chicas del grupo de teatro . He visto los videos . Genial !
Publicar un comentario