A Casa de Acevedo -Vilafiz- é un lugar que recende a historia, á historia local que poucos desvelan ou poucos se atreven a desvelar.
Esta casa, cuxa propiedade se estende polos concellos de Friol e Lugo, inicialmente foi construída en terras do municipio lugués, pero debido aos impostos e gastos aos que tiñan que facer fronte, decidiron derrubala e construíla de novo uns metros máis ao oeste, xa en terras friolesas, con menos cargas fiscais—por non dicir practicamente ningunha no momento en que se fixo o traslado--.
Os desta casa ao longo das guerras carlistas, foron “visitados” en máis dunha ocasión polas gavelas que percorrían estas terras -- lembremos ao Arcediago de Melide xa citado noutras entradas--. Tanta visita, minguaba de forma alarmante a propiedade, pois mentres os membros das partidas carlistas comían a encher no interior da casa, as súas bestas comían o gran directamente das tullas e despois levaban o que consideraban provocando grande desabastecemento.
Mentres, os carlistas deixaban a un dos seus “nunha pena un pouco máis arriba por se viñan os do exército que andaban tras deles e avisalos”.
Chegou un momento no que o señor da casa –Acevedo—plantouse diante da partida dicindo que xa estaba ben e que non podían volver, recibindo como resposta unha boa malleira que o deixou malferido. Ao marcharen, a muller pediulles que lles deixasen un unto para coidar do enfermo que deixaban, botaron un unto por riba do poxigo da porta matando a unha cría que tiña a besta da casa e a esta levarona canda eles. Ao pouco morreu o señor de Acevedo, deixando viúva e dous fillos.

A viúva casou de novo cun de Cotá , cremos que da Pena --que foi o introdutor do Villanueva nesta casa--. Os orfos faleceron.
Un, sendo pequeno; montaba a besta no corredor de saída da casa e para axudarse a montala subía a unha artesa ; nunha ocasión a besta saiu ao galope petando a cabeza do rapaz coa lumieira da porta e morrendo no acto.
O outro, vindo nunha besta, de viaxe, xa de noite, observou como era acompañado por un home tan alto coma el montado na cabaleiría. Este home levaba unha caroza de palla e durante o traxecto non dixo palabra --"un aparecido"--. O orfo deulle un trancazo e por fin chegou á casa. Contou o sucedido, ceou algo, deitouse e apareceu morto á mañá seguinte.
0 comments:
Publicar un comentario