11/11/09

Copla dos guardias de Guitiriz (II)

Nunha entrada anterior fixemos a transcrición do texto destas Coplas dos Gardas Civís, quedando pendente o acadar a pertinente autorización dos que realizaron o traballo de campo e posterior publicación da mesma.
Unha vez solucionada a cuestión , incorporamos por un lado a partitura das citadas coplas e por outro o audio recollido da Recopilación de Mini e Mero :"Cantos, Coplas e Romances de Cego. (I)".
Agradecemos as facilidades para a incorporación desta gravación aos autores do traballo, membros como é público e notorio do grupo "A Quenlla" e loitadores incansables na recuperación e defensa do noso patrimonio etnográfico.
Para oír a gravación clica aquí

3 comments:

Álvaro do Sixto

Agrádame ver publicado este canto de cego, sobre todo se sabedes que a informante é a miña avoa, Carmen Lage Morandeira.
Excelente é a labor de recollida e reproducción de Mini e Mero, quen non buscan máis mérito que o dos propios cantos.
Gustaríame se alguén sabe de xente que coñeza cantigas, cantos de cego ou outros cantares, se puxese en contacto conmigo para poder recollelas e trasladalas a Mini e Mero.
Un saúdo e novamente loubanzas polo traballo que estades faacendo.

Friol

Grazas novamente polos teus comentarios de ánimo.
Si, xa sabiamos que é a túa avoa a cantareira.
E xa sabes que todo aquilo que imos atopando ímolo colgando neste blog, polo que se damos con cantigas ou romances xa saberás deles. De feito algo hai colgado dunha informante do Prado.
Por outra parte xa verías que abusando da confianza colgamos a túa voz cantando os Reises da Manta,no blog www.nocampodafeira.blogspot.com

Friol

E outra cousa que esquecín, do traballo de Mini e de Mero creo que non hai que dicir nada. O seu labor de recopilación de vellos cantos é recoñecida por todos.
Precisamente estamos pendentes de que nos pasen unha gravación de Severiano.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.