Achégase maio e con el unha nova edición das "Xornadas de interpretación e dinamización do medio rural" organizadas por Carballo Vivo; coma non quere a cousa van pola 5ª.
Os próximos 6, 13 e 17 de maio, segundo indica a programa, desenvolveranse as actividades habituais con algunha sorpresa na que traballa de xeito intensivo a citada asociación.
Se as sesións dedicadas ao lobo ( día 6 ) e á saúde ( día 13) xa son fixas para a organización, hai que facer mención especial ao terceiro día das Xornadas que fan coincidir co 17 de maio --Día das Letras Galegas, dedicadas este ano a Carlos Casares-- e que se aproveita, entre outras actividades, para a presentación do Grupo de Teatro de Carballo Vivo que porá en escena "A galiña azul" adaptación teatral do relato do mesmo título do propio autor homenxeado.
O día 13, na sesión da tarde, participaremos nós cunha pequena achega a modo de despedida.
0 comments:
Publicar un comentario