Digamos que, a día de hoxe, non parece nada clara a orixe do topónimo que dá nome á parroquia de S. Xiao de Friol. Mesmo os estudosos da toponimia, e aquí hai que citar a J.M. Piel, Moralejo Laso e Nicandro Ares, en sucesivas publicacións modifican as súas teorías iniciais ao respecto.
A nivel popular tense fabulado con que o topónimo facía alusión ao frío reinante por estas terras e aínda se escoita a referencia en medios non demasiado ben informados.
Outra corrente, tamén ben arraigada, deu en aludir aos lobos ou terra dos lobos para explicar o topónimo. Houbo homes ilustres que asumiron tal teoría partindo da similitude fonética entre Friol e Friolfe. Parece desbotada tamén esta segunda teoría pois o que si parece valer para explicar Friolfe: Villa Froiulfe , que viría dun derivado do xermánico “wulpus” (lobo) de facermos caso ao que escribe Cabeza Quiles; non tería moita relación co noso Friol.
Hoxe en calquera publicación que faga referencia ao concello deféndese para este topónimo a mesma orixe que para Ferrol. Tanto N. Ares como Cabeza Quiles opinan que ámbolos dous topónimos , curiosamente, teñen unha advocación dobre: S. Xiao e S. Ferreol ou Ferrioli – santos que ao parecer foron compañeiros de martirio e que serían decapitados xuntos -- . Así S. Xiao patrón do Ferrol e S. Xiao de Friol. O que non parece claro para explicar Ferrol aínda o está menos para o que a nós nos interesa.
Por último citar outra teoría máis recente que explicaría o topónimo a partir do latín Forum Iuli(i) : Friol . Cidade, praza fortificada de Xulio? da familia Xulia?, mercado?.
O que queda por resolver é a orixe, o que si podemos asegurar é que Friol aparece xa con esta denominación no s. XIII , nos Tumbos de Sobrado e en documentos da Catedral de Lugo da mesma época.

0 comments:
Publicar un comentario