17/01/09

Historias locais narradas por Quiroga ( IV )

O Gilito de Ubaldo, antigo emigrante en Cuba, era moi amigo das farras.

Non tivera moita sorte cos cartos que tiña aforrados, produto da súa emigración; xa que os tiña depositados na Banca Romero, é ó dar esta en creba, fóronse ó garete a maior parte dos mesmos; mais o seu humor, non decaeu por iso, bailaba é cantaba habaneras como poucos, e tiña encargado a dous bos amigos, Manolo do Xulgado e Antón do Rey, para que chegado "o momento" ó primeiro tirase polvora e ó segundo para que contratase músicos, engadindo:

-- Eu quero música, música ó ceo, para miña nai.

Noutra ocasión, estivo de comparsa co seu veciño Inocencio das Penas. Despois de beber unha enchente de litradas, xa de madrugada, colleron xuntos para ir para casa, e xusto ao pasar fronte á casa reitoral, dixo Inocencio : 

--¡Gilito, espera un pouco que teño que facer de corpo!
Apartou da estrada, saltou un chanto para meterse na horta de cura,  pasou tempo e o Inocencio non aparecía. Cando o Gilito viu que tardaba tanto berrou por el dicindo: 
--Inocencio: Cagaches ou non?
Respostándolle o Inocencio: 
-- Carallo! Caguei home caguei, pero...mal cagado.
Esquecera baixar os calzóns e velaí o resultado.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.