17/01/09

Historias locais narradas por Quiroga ( e V)

Inocencio das Penas, era o carteiro de Carballo; moi bo cazador, por iso era moi solicitado para ir na compaña de outros: Montes o maestro, Luis Cedrón o Procurador, Bienvenido, alias Venido , Manolo do Rey e outros máis ata completar unha cuadrilla moi nutrida.
Por mor do medo que lles daban os prontos de Venido ó ver unha peza de caza ( por outro lado moi abundantes naqueles tempos), cando estaban ó pé do monte, ordenaban de tomar unha tapa, do que ían ben surtidos. Por tal motivo, pousaban as escopetas, e aproveitaban para sacarlle os cartuchos á escopeta do Venido, para estar máis tranquilos na xornada.
Sucedeu que saiu unha perdiz; disparando, ó mesmo tempo, Inocencio e mais Venido. A peza caeu facéndolle dicir a Venido:

-- Mateina eu
Ó mesmo tempo que Inocencio cheo de razón dixo:
-- Carallo, mateina eu.
Os compañeiros saíron ó paso facendo a comparsa.
-- Vamos a ver por onde entrou a munición na perdiz
Abriron a escopeta de Inocencio e viron que había un cartucho baleiro. Repiten a operación coa escopeta de Venido e como non podía ser doutra forma, estaba sen cartuchos, pero este non conforme dixo todo cheo de razón:
--Os meus cartuchos son de fábrica e marcharon casquillos e todo.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.