O Cantigueiro popular galego reflicte a situación socio-cultural dun país e dunha sociedade vencellada aos valores tradicionais que a soportaron: Oficios, amores e desamores, caciques, solteiros e casados, sogras, viúvos,... aparecen retratados nun, tan extenso como prolífico, cancioneiro.
Cantigas, coplas de cego, regueifas, romances, cantos de nadal, aguinaldos, cantares de voda, coplas de entroido, cantigas infantís,... todo ten cabida no mesmo.
Nós, imos ir publicando aquilo que pouco a pouco fomos, estamos e iremos recollendo por Friol adiante.
Dalgunhas cousas só temos a letra - que non é pouco-- noutras tamén poderemos incorporar a música.
0 comments:
Publicar un comentario