23/01/09

O Farruco maila sogra

Dentro do cancioneiro popular, hai unha chea de cantos dialogados, nos que, normalmente, os antagonistas son un home e unha muller.
Este que publicamos a continuación ten como protagonistas ao Farruco e a súa sogra.
Foi recollido por Jennifer Morandeira en Lousende, Prado, na "Casa do Maestro" e a informante foi a súa avoa Gloria Corral.
Transcribímolo a continuación.
--Boas tardes miña sogra:
Véñolle pedir a filla,
se ma dá séntome un pouco,
se non, marcho máis axiña.
--A miña filla, Farruco,
é moi nova pra casar.
Solo ten corenta anos
e pódesma destragar.

--Alabado sea Dios,
o que dixo miña sogra,
Que vou destragar a filla?
xa non ten dentes nin moas!.
--Pois a filla non cha dou
non teño que che facer,
ti eres un folgazán
e non a podes manter.
--Eu téñolle un bon oficio
ben sabe que son gaiteiro
ándolle de festa en festa
e gano moito diñeiro.
--A túa gaita Farruco
ten a miña filla tola,
xa non come nin traballa
senón pensando na voda.
--Pois entonces, miña sogra
déixelle a filla casar,
que despois de estar casada
gaita non lle vai faltar.
--Ten coidado Farruquiño
non ma vaias rebentar,
con esa gaita afiada
que ma podes traspasar.
--Non se asuste, miña sogra
que nada lle vai pasar,
moita gaita ten tocado
e en perfecto estado está.
--Espero meu Farruquiño
que a coides ata o final

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.