26/02/09

Friol na emigración ( III )

Nestas dúas páxinas da revista Friol, da que vimos falando nestas entradas, aparecen dúas temáticas completamente distintas:
Por un lado faise eco da celebración das "vodas de prata" do matrimonio  Carralbal Gil, dentro do máis puro estilo das revistas do corazón.
Polo outro publica un par de poemas -- máis ben fragmentos-- do poeta mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro (1.857-1.912). Naqueles tempos non había a presión da SGAE e os seus traídos e levados dereitos da propiedade intelectual.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.