05/03/09

Tempos non tan afastados

Recolle a fotografía, un momento da bendición da fonte sita enfronte do cuartel da Garda Civil.
Autoridades civís e militares presiden o acto no que o representante da igrexa realiza as funcións da súa competencia. 
Un grupo de meniños seguen con relativo interese a cerimonia e entre a treintena de adultos presentes, "casualmente" non observamos a presenza de ningunha muller.
Descoñecemos se a razón radica no desinterese pola actividade, se é un acto de repulsa pola mesma, ou, máis ben, representa a forma de entender a realidade por parte dunha sociedade na que a muller pouco máis contaba que para atender aos fillos e traballar o campo.
A pesar dos avances acadados, nas sociedades tradicionais mantéñense os roles claramente definidos e separados por unha densa capa ideolóxica que perpetúa separacións ficticias que impiden que poidamos falar dunha verdadeira igualdade de sexos.
Sae este comentario a colación, porque o próximo domingo, día 8, celébrase o Día Internacional da Muller. 

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.