27/06/09

Retorno ó pasado: Traballo para o verán.

No ano 1.993 e para participar no concurso da T.V.E. "Galicia de escola a escola", o centro escolar preparou a obra "Retorno ó pasado", produción que foi gravada na Torre de San Paio, baixo a coordinación de Pepita Regueiro e Teresa Vila.
Estes alumnos e alumnas, supoñemos que na actualidade andarán polos 30 anos máis ou menos. A nós algunhas caras resúltannos familiares pero descoñecemos quen poden ser. Seguramente algún dos que leades esta entrada si que os coñeceredes e poderedes dicir con exactitude quen é quen.
O que propoñemos é que se recoñecedes a alguén deixedes un comentario ou enviedes un correo indicando o nome, do actor ou da actriz, e o seu lugar e parroquia de orixe.
Para facilitar o labor , na fotografía da dereita deixamos numeradas ás persoas para evitar posibles erros.
De antemán agradecemos a atención e esperamos que estean feitos "os deberes" á volta das vacacións.
Grazas.

2 comments:

Friol

Segundo a información facilitada por Ana Castro e Asunción López Franco: Os rapaces serían:
Nº1: Javier " O Pedreiro" (Friol)
Nº2: José Ramón S. (Xiá) falecido no tráxico accidente de marzo.
Nº3: Fernando Baamonde Cao (Busto. Silvela)
Nº4: ?
Nº5: " O Carreira"
Nº6: Jose
Nº7: ?
Nº8: Ángel (As Pardellas. Condes)
Nº9: Elías ( Ousá)
Nº10: ?
Nº12:Alicia Doutón (Pousada.Xiá)
Nº13:Cristina Varela(A Casanova. A Rocha)
Nº14:Fe ?
Nº15: Jesús Andón
Nº16: Vicente
Nº17: Martín ( Friol ) Anda por México
Nº18: Rebeca Corral
Nº19: Esther García
Nº20º: Elena Lamas Modia
Nº21: Jesús Castro Pena
Nº22:?
Nº23: Mª Carmen (Ramelle)
Nº24:Mª José (S. Xurxo de Lea)

asun

o nº 14 é un rapaz e chamase Martín Blanco e é de Xulacasa
un saúdo asun

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.