26/06/09

O remate teatreiro dun curso ventureiro

Onte no Museo Provincial de Lugo e diante dun bo número de intrigados espectadores, representouse por última vez esta tempada "A serpe da cova".
Poñemos fin, por tanto, a este curso teatreiro do que podemos dicir que foi un completo éxito: Éxito pola calidade das protagonistas, éxito pola acollida da obra por parte do público que asistiu ás diferentes representacións e éxito , en definitiva, polo que significa de primeiro paso para a creación dun grupo de teatro estable en Friol.
De feito xa se lle están dando as primeiras puntadas á que será a segunda obra que, seguindo as pautas que marcamos para esta primeira, esperemos colleite a mesma acollida.
E seguro que o curso que vén haberá máis sorpresas.
Boas vacacións.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.