Recursos e apps para dominar os verbos en galego
-
Dominar os verbos é un desafío para quen está a aprender galego. Saber
cando usar o antepretérito de indicativo ou o pretérito de subxuntivo,
distinguir...
10/07/09
Antiga escola de Guimarei
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comments:
Ola, moi bos días aos fundadores desta magnífica páxina web!. Ante todo, as presentacións. Son Cristina, índa que para ser máis coñecida terei que engadir que son a filla de Paquita (Torre de San Paio de Narla). Este comentario é de agradecemento e de loubanza, para animarvos a que sigades a traballar pola posta en valor do patrimonio de Friol, algo que aprobades con nota. Publico este comentario no apartado de Guimarei porque foi coma eu e as miñas compañeiras do máster universitario Servizos culturais vos coñecimos. Eu propuxenlles as miñas compañeiras recuperar a feira de Guimarei e a igrexa gótica, e despois ocurríusenos facer un proxecto dunha feira ecolóxica en Guimarei. A vosa páxina foinos de grandísima axuda.
Eu quero animarvos a que continuades, as vosas actuacións non caen en terreo baldío nin en saco roto. Agora mesmo estou facendo o meu traballo fin de máster que consiste na creación dunha empresa cultural e titulase "Ideando cultura: unha aposta polo patrimonio do Concello de Friol". E seguides a ser, en gran parte, o meu libro de cabeceira que consultei en numerosas ocasións.
Así que non sei se servirá de moito, pero anímosvos a continuar polo mesmo camiño. Ah! como licenciada en historia da arte que son, teño que dicir que os comentarios artísticos son exquisitos e dunha calidade moi boa. Parabéns!
Un saúdo
Cris Barreiro Abuín
Gracias, Cristina polas túas palabras e ánimo co voso proxecto. Un saúdo.
Publicar un comentario