10/07/09

Antiga escola de Guimarei

Situada tamén no campo da feira, ó final da chamada "Calle de la Reina". A antiga escola pechou portas nos anos 70, década na que tamén a feira entra en decadencia ata formar parte do pasado. Sen dúbida, aquí os escolares tiñan un patio de xogos de luxo, a carballeira enteira para eles. O actual dono falounos do caro que lle resulta manter a escola nun estado aceptable, e do seu propósito de impedir que algún día sexa ruína.

2 comments:

Cristina

Ola, moi bos días aos fundadores desta magnífica páxina web!. Ante todo, as presentacións. Son Cristina, índa que para ser máis coñecida terei que engadir que son a filla de Paquita (Torre de San Paio de Narla). Este comentario é de agradecemento e de loubanza, para animarvos a que sigades a traballar pola posta en valor do patrimonio de Friol, algo que aprobades con nota. Publico este comentario no apartado de Guimarei porque foi coma eu e as miñas compañeiras do máster universitario Servizos culturais vos coñecimos. Eu propuxenlles as miñas compañeiras recuperar a feira de Guimarei e a igrexa gótica, e despois ocurríusenos facer un proxecto dunha feira ecolóxica en Guimarei. A vosa páxina foinos de grandísima axuda.

Eu quero animarvos a que continuades, as vosas actuacións non caen en terreo baldío nin en saco roto. Agora mesmo estou facendo o meu traballo fin de máster que consiste na creación dunha empresa cultural e titulase "Ideando cultura: unha aposta polo patrimonio do Concello de Friol". E seguides a ser, en gran parte, o meu libro de cabeceira que consultei en numerosas ocasións.

Así que non sei se servirá de moito, pero anímosvos a continuar polo mesmo camiño. Ah! como licenciada en historia da arte que son, teño que dicir que os comentarios artísticos son exquisitos e dunha calidade moi boa. Parabéns!

Un saúdo
Cris Barreiro Abuín

Algalia

Gracias, Cristina polas túas palabras e ánimo co voso proxecto. Un saúdo.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.