14/12/09

Loito no C.P.I. Dr. López Suárez

No día de hoxe vítima dun fatal accidente, deixounos a compañeira M. José Carballal López.
Todas as mortes xeran desacougo, pero as producidas sen 'preaviso' , as que chegan sen se saber moi ben a razón, provocan un estado de incerteza que é difícil de definir.
Moitos fomos os que pasamos polo lugar do suceso, e todos pensamos --no momento, con alivio-- que non era un coche coñecido, que a traxedia parecía térmonos esquivado. Non foi así: Pasadas as horas recibimos a noticia e quedamos mudos, baleiros, fondamente consternados.
Desde esta páxina queremos unirnos á dor da familia.
"Marcharei ,
deixarei o meu camiño;
pero sei que nalgures,
alguén me lembrará.
Entón saberei
que aínda non marchei de todo"

Aquí podemos escoitar un fragmento do Requiem de Mozart

1 comments:

HADEX

O meu pésame para vós.....é moi triste unha situación así...Bicos.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.