18/04/10

As Damas do Narla

Achégase o mes de maio, e co mesmo, a posta en escena da obra que o grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo" vén preparando estes últimos tempos.
Aumentou o número de rapazas que forman parte do grupo -- seguimos botando en falta a representantes do mundo masculino-- e fixemos, estamos nelo, unha montaxe recreando a lenda histórica da "Dama da Torre".
No cartel que acompaña esta entrada aparecen as datas nas que imos representar a obra na Torre de San Paio, pero informamos que aparte das xa citadas, o día 25 de maio -martes-- dentro das XI Xornadas de Artes Escénicas Fingoi que organiza o Concello de Lugo faremos unha representación no Centro de Convivencia de Fingoi ( Rúa Aviación Española nº 22-24) ás 10.30 da mañá.
E por suposto, a obra será interpretada o 29 de maio -- sábado-- no Centro Socio-Cultural de Friol. A hora está pendente de confirmar pero pensamos que será ao redor das 16.30 da tarde. E a entrada será libre.
Entre ensaios e representacións , temos diante un mes de moita actividade teatral, esperemos - nós non o dubidamos-- que o resultado sexa do agrado dos asistentes ás diferentes actuacións.

3 comments:

Anónimo

Tedes un pequeno agasallo en www.friolteca.blogspot.com

Mª José

Hola hay un regalito para vosotros en mi blog FLE en ESO

Mª José

Je,je,je ... llegué un poco tarde . Agradezco aquí también entonces el" petit cadeau " recibido en mi blog y deseo que esa actividad teatral que está en marcha tenga mucho éxito , que se apunten esos chicos un pelín remolones y adelante !

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.