A Revista Galega de Educación, publicación da Nova Escola Galega, vén de editar o seu número 48.
Hai algún tempo, púxose en contacto con nós o Vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Xesús Rodríguez Rodríguez. Entre outras cousas, quería que na revista que el dirixe publicásemos un artigo no que se reflectise a historia e evolución deste noso blog.
Hai uns días que o número 48, dedicado ao mundo das Bibliotecas Escolares, saíu do prelo e no apartado dedicado ás Novas Tecnoloxías, aparece publicado o pequeno artigo co título Terras de Friol.
Só queda agradecer á Revista, á Facultade e ao Vicedecano o interese polo traballo que desde este recuncho da nosa xeografía estamos desenvolvendo.
1 comments:
Enhorabuena !
Os lo mereceis !
Un abrazo
Publicar un comentario