23/02/12

Non por casualidade.

Sabemos que máis de un estabades impacientes pola resposta de “Friol: Algo máis que pan e queixo” aos comentarios achegados á entrada anterior. Os asiduos saben que nas entradas con moitos comentarios esperamos un tempo para , posteriormente, facer unha especie de reflexión que sirva de peche pola nosa parte.
Estes días pasados estabamos en tempo de Entroido e decidimos esperar á época coresmal para publicar o que a continuación manifestamos.
Antes de nada, aclarar que esta bitácora é unha páxina creada por dous profesores do centro escolar friolés. Nas diferentes presentacións públicas que se fixeron deste blog, como nas referencias que nos diferentes medios de comunicación apareceron sobre “Friol: Algo máis que pan e queixo”, e na propia “sidebar” do mesmo , así queda indicado. Queremos, polo tanto, informar que non é páxina oficial da escola, nin actúa de portavoz de ninguén máis que dos dous compañeiros que asinamos as entradas.
Facemos esta precisión, por algúns comentarios ao fío de “Bendita casualidade!” e que, polo seu contido, cremos que erraron o destinatario. Os centros escolares, como ben sabedes, teñen unha normativa legal que rexe o seu funcionamento e establece o camiño para aclarar dúbidas e mesmo, se é o caso, recibir queixas.
Nin compartimos nin entendemos os silencios, mellor dito: a falta de resposta a algúns comentarios que levan nome e apelido e que porén ninguén respondeu ( agás se fixese dende o anonimato, o que nós non entendemos como resposta). Non é o único silencio, pero si o máis significativo.
Na entrada que comentamos facíamos referencia á “casual caída” da pancarta reivindicativa, porque previamente solicitamos –e así consta—aclaracións ao que, hoxe entendemos, foi unha vergoñosa retirada.
Os datos que manexamos foron proporcionados pola dirección do centro. Como máxima responsable do mesmo, non tiñamos por que dubidar da súa palabra.
Quen se dea por aludido na entrada que nos ocupa, xa non é problema noso. Nós somos responsables do que escribimos non do que cadaquén le. Temos máis de catrocentas entradas que avalan o que dicimos. Aínda máis: cando ‘metemos a zoca’ –somos humanos e a perfección só é cousa dos omniscientes—non temos reparo algún en recoñecelo publicamente. E isto sábeno ben os que nos len habitualmente. Traballar coa oralidade –un dos eixos deste caderno-- ás veces produce erros asumibles que á vez actúan, para nós, como verdadeiros dinamizadores.
As cousas son como son. A realidade é a que é. Nós denunciamos un feito sen precedentes. Independentemente da postura claustral, cremos que os feitos esixirían dimisións. Quen non asumen as súas responsabilidades teñen a saída decorosa da renuncia.
Cremos que habería que ir máis aló, dar un paso á fronte, e preguntármonos se non existe a posibilidade de elaborar unha proposta de centro ‘real’ e comprometida coa defensa dun ensino público de calidade.
Xa para non estendérmonos, aclarar que esta entrada, a pesar de que algúns comentan que foi a máis visitada e comentada, non é tal: Podedes comprobalo vós mesmos: os blogs son completamente transparentes.
Felicitármonos pola cantidade de visitas e comentarios achegados –independentemente do seu ton ou contido-, pois somos conscientes que o fío que comentamos deu pé a que esta páxina fose visitada por vez primeira por máis de un; visitas que nalgún caso quedaron na propia entrada, pero que en moitos outros foi aproveitada para coñecer máis polo miúdo o que este blog ofrece.

4 comments:

Mª José

Hola !

Sois los mejores , ánimo y adelante.

Saludos

A Ulloa en fotos

Moi boa a resposta.

E aí queda.

Saúdos dende A Ulloa

Ana

Somos moitos os que leemos o que se publica en este blog e que mesmo sendo de Friol, descubrimos moitas cousas da nosa historia como pobo que descoñecemos. Moitas grazas e a seguir con este magnífico traballo.

tTato

Dende que Muiña e alcalde en Friol hai liberdade de espresión, pero !ai! de aquel que a empregue, pois o seño alcalde sutilmente faralle saber que manda, claro que non pode impedilo, pero si se manten onde esta non e polo ben que o faga, senon polas presión aque somete a todos os veciños, e si alguen o dubida, persoalmente podo dar nomes e apelidos de todas aquelas persoas que en algun momento ousaron esixir deritos en Friol. Soio propoñer un traballo de investigación periodistica,a modo de exemplo, a contestación de unha folla enteira de unha resposta do señor Muiña (teoricamente pagado do seo bolso) a reclamción do arranxo da carretera de Parga ahi xa anos titulabase se mal non recordo "O famoso hidalgo don...."
Tato.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.