17/12/12

Achégase o Nadal

Achegamos un novo video, neste caso cunha panxoliña cantada por Dª Carmen Lage Morandeira , o 20 de decembro de 2009. A gravación foi feita daquela, polo seu neto Álvaro Santos Ramos. Estamos achegándonos ao Nadal, e é un bo momento para lembrar o recoñecido "Antes de las doce a Belén llegar".



Ao tempo , aproveitamos para informarvos que o grupo de pandeireiteiras do noso centro escolar, CPI Dr. López Suárez, xunto co alumnado de 1º de ESO, sairán este xoves día 20 a partir das 11 da mañá, cantar os reis pola vila friolesa .

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.