Un ano máis e van polo 6º, a asociación friolesa Carballo Vivo, propón outros tres días de actividades nas que se mesturan temas relacionados co sector agrogandeiro, co mundo propiamente cultural da vila e por extensión da comunidade galega, sen deixar de lado os temas estrela das xornadas como veñen sendo o lobo e os aspectos sociosanitarios da poboación rural.
Desenvolveranse no local social de Carballo os días 17, 19 e 26 de maio, agás a tarde do 19 no que as actividades trasládanse ao Centro Sociocultural de Friol, e claro está a saída nocturna do día 26 que percorrerá o monte da parroquia,
Queremos destacar este ano a figura homenaxeada : Celestino Fernández de la Vega, filósofo friolés maiormente ignorado na súa vila natal, e que recibirá da man desta activa Asociación a homenaxe que se merece con, cremos, algunha sorpresa agochada. Nesta sesión contarase coa presenza de estudosos da súa figura e mesmo algún familiar.
Indicar tamén que seguindo coa proposta teatral iniciada o pasado ano, a asociación presenta a montaxe "Unha escola en branco e negro" que seguro non vai deixar a ninguén indiferente.
O lobo, a saúde mental, actuacións musicais, monólogos a cargo de Lois Pérez , especialistas na xestión do lobo, coñecedores da agricultura ecolóxica, e mesmo alumnado do colexio do concello, completan unhas xornadas que coma sempre seguro acadan o éxito que se merecen.
0 comments:
Publicar un comentario