A Consellería de Cultura vai iniciar o proceso de estudo e delimitación da Anta da Muruxosa e das Medorras de Monteirón e a Medorra Aberta da Gándara de Narla coa fin de declaralas como Ben de Interese Cultural (BIC). Tratase de garantir a súa conservación, divulgar a súa existencia e poder gozar destes espazos - segundo palabras da conselleira Ánxela Bugallo. O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, lembrou que o proceso de declaración de BIC é moi longo, inclúe estudos de delimitación, análise catastral e inicio do expediente que precisa de exposición ao público—, pero estimou que a fins do 2009 contarán xa coa incoación ou a declaración estes xacementos megalíticos.Resumo da noticia do diario "El Progreso" ( 09-07-2.008 )
GRAZAS PIPA!
-
Onte visitou a nosa clase Pipa, a mamá de Ahmed!
Xuntos contaronnos un conto: Los pantalones de Luisa. Luisa, a protagonista
dende moi nena loitou polo ...
0 comments:
Publicar un comentario